Probas libres

Obtención título ESO

En Centro Formación Prisma traballamos para que o alumno/a adquira autonomía e confianza promovendo un papel activo na súa preparación; sempre particularizando o proceso formativo conforme o seu ritmo e estilo de aprendizaxe. Ofrecemos un amplo horario de clases contando con persoal especializado con ampla experiencia no sector do ensino. Alén de impartir a programación das materias, realizamos exames de convocatorias anteriores para que o alumnado poida enfrontarse con certeza ás probas oficiais.

Buscamos percorrer co alumno/a o camiño máis curto, no menor tempo posible, para lograr os mellores resultados.

Á proba para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria poderanse presentar aquelas persoas que:

  1. Teñan cumpridos 18 anos o día anterior á data en que se celebre a proba.
  2. Non estean en posesión do título de graduado en educación secundaria.
  3. Non estar matriculadas de forma oficial nos ensinos de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
  4. O alumnado matriculado durante o curso de celebración da proba na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
    1. Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nos ensinos do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
    2. Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

O incumprimento dalgún destes requisitos supoñerá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.

Bachillerato
  1. Ámbito de comunicación: lingua castelá e literatura, lingua galega e literatura e lingua estranxeira (inglés ou francés).
  2. Ámbito científico-tecnolóxico: matemáticas, bioloxía e xeoloxía, física e química, tecnoloxía e aspectos relacionados coa saúde e o medio natural do currículo de educación física.
  3. Ámbito social: xeografía e historia, economía, iniciación á actividade emprendedora empresarial e algunha pregunta de música, educación plástica e visual.

Recibirase unha cualificación por ámbito, aquelas persoas que obteñan avaliación positiva en cada un dos tres ámbitos serán propostas para a obtención do título de graduado/a en educación secundaria.

Se se superan un ou dous ámbitos, manterase a cualificación para posteriores convocatorias.

Celébranse dúas veces ao ano.

Portada inicio

Obtención título Bacharelato

En Centro Formación Prisma traballamos para que o alumno/a adquira autonomía e confianza promovendo un papel activo na súa preparación; sempre particularizando o proceso formativo conforme o seu ritmo e estilo de aprendizaxe. Ofrecemos un amplo horario de clases contando con persoal especializado con ampla experiencia no sector do ensino. Alén de impartir a programación das materias, realizamos exames de convocatorias anteriores para que o alumnado poida enfrontarse con certeza ás probas oficiais.

Buscamos percorrer co alumno/a o camiño máis curto, no menor tempo posible, para lograr os mellores resultados.

Pódense presentar aquelas persoas que:

  1. Cumpran 20 anos no ano en que se celebre a proba.
  2. Non estean en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente a efectos académicos.
  3. Non estean a cursar ensinos de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin estar matriculado neses ensinos no curso escolar no que se celebre a proba.

O incumprimento dalgún destes requisitos supoñerá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.

Materias da proba impartidas en Centro Formación Prisma:

Primeiro exercicio – Materias comúns

  • Primeira parte: Lingua galega e literatura.
  • Segunda parte: Lingua castelá e literatura.
  • Terceira parte: Lingua estranxeira (inglés ou francés).
  • Cuarta parte. Resposta por escrito a unha serie de cuestións relativas aos contidos das materias de Filosofía e Historia de España.

Segundo exercicio (materias de modalidade)

  • MODALIDADE DE CIENCIAS
    • Primeira parte: Matemáticas (I e II)
    • Segunda parte: unha destas opcións: Física e química e Física/ Física e química e Química
  • MODALIDADE DE HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS
    • Primeira parte: unha destas opcións: Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais (I e II)/Latín (I e II)
    • Segunda parte: unha destas opcións: Economía e Economía da empresa/ Historia do mundo contemporáneo e Xeografía
    • Terceira parte: unha destas opcións: Literatura universal e Historia da filosofía/ Grego (I e II)/ Literatura universal e Historia da arte

EXENCIÓNS – ANEXO III

  • Para aprobar, tanto o primeiro como o segundo exercicio débense obter 5 puntos na cualificación global e 4 puntos como mínimo en cada unha das súas partes.
  • A cualificación de cada unha das partes será entre 1 e 10 sen decimais.
  • A cualificación do exercicio será a media aritmética das cualificacións obtidas en cada parte.
  • Para superar a proba débese obter un mínimo de 5 puntos en cada un dos dous exercicios. A nota media do bacharelato será a media aritmética das puntuacións obtidas nos dous exercicios.
  • Se se supera un dos exercicios manterase a cualificación para posteriores convocatorias.

Celébrase unha vez ao ano.

Reserva a túa praza!

Rechea o seguinte formulario para solicitar a túa praza

    Antigo/a alumno/a?*

    Ao encher o formulario e facer clic para enviar os datos, o usuario manifesta ler e aceptado expresamente a política de privacidade e aviso legal de www.academiaprisma.es, e outorga o seu consentimento inequívoco e expreso ao tratamento dos seus datos privados co obxecto de atender á súa petición e permitir a CENTRO FORMACIÓN PRISMA contactar con vostede en resposta á súa solicitude e no seu caso, para efectuar unha adecuada xestión do centro de formación, incluíndo os fins comerciais e administrativos. En todo caso, pode exercer os seus dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición ao tratamento dos seus datos privados dirixíndose por escrito a CENTRO FORMACIÓN PRISMA, Área Central Pol.Fontiñas. Planta 1ª – Local 1 – A 15707- Santiago de Compostela (A Coruña), ou se o prefire, enviándonos a súa solicitude ao correo info@academiaprisma.es.