Clases de apoio
Primaria
Constitúe o primeiro tramo da educación obrigatoria. Comprende seis cursos académicos agrupados en tres ciclos de dous cursos cada un e abarca desde os seis ata os doce anos de idade.
A actividade de reforzo académico ofrecida en Centro Formación Prisma vai dirixida ao alumnado de todos os cursos de Educación Primaria.
A través dunha planificación integral os alumnos e alumnas reforzan e traballan as materias nas que presentan unha maior dificultade.
É o momento de desenvolver actitudes positivas cara á aprendizaxe, adquirir hábitos de estudo e empregar técnicas adecuadas, xa que sobre estas bases asentarase o traballo futuro.
O ritmo que se segue é o imposto polo centro educativo no que o alumno/a curse primaria pero adaptándoo ás súas necesidades. Repásanse e reforzan aqueles conceptos que necesite, explícanse nocións de base que non teña asentadas e exercítanse ata a súa asimilación. O alumnado realiza os exercicios propostos polo seu centro escolar así como outros que propoña o profesorado para reforzar os coñecementos recentemente adquiridos.


ESO
A ESO completa o ensino básico e comprende catro anos académicos entre os doce e os dezaseis anos de idade. Con carácter xeral, os alumnos e as alumnas terán dereito a permanecer en réxime ordinario ata os dezaoito anos de idade cumpridos no ano en que finalice o curso.
O alumno/a decide as materias nas que quere matricularse, así como os días e horas nos que asistirá. Tamén pode solicitar cita, totalmente gratuíta, coa coordinadora de clases de apoio quen lle asesorará na planificación do horario.
O ritmo que se segue é o que impón o centro educativo no que o alumno/a curse a ESO pero adaptándoo ás súas necesidades. Repásanse e reforzan aqueles conceptos que necesite, explícanse conceptos de base que non teña asentados e exercítanse ata a súa asimilación. O alumnado realiza os exercicios propostos polo seu centro escolar así como outros que propoña o profesorado para reforzar os coñecementos recentemente adquiridos.
Consideramos que é fundamental:
- Identificar as posibles causas do fracaso escolar para poder cambiar a situación.
- Traballar de forma coordinada co centro educativo e a familia. Por iso, sempre que é necesario, establecemos reunións coa familia e mantemos contacto co centro.
Nesta etapa é importante que o alumno/a asimile, adquira e reteña os contidos e non se produzan só aprendizaxes fráxiles de curta duración que conlevarían dificultades no futuro. Por iso traballamos para que cada alumno/a adquira hábitos e técnicas de estudo.
Bacharelato
O bacharelato comprende dous cursos académicos e dispón de tres modalidades:
1. Ciencias.
2. Humanidades e ciencias sociais.
3. Artes.
Centro Formación Prisma ofrece este servizo de clases de apoio a todo o alumnado que curse bacharelato e poida ter dificultades nalgunha materia ou desexe mellorar as súas notas para acceder á universidade.
O alumno/a decide as materias nas que se quere matricular, os días e horas en que asistirá. Tamén pode solicitar cita, totalmente gratuíta, coa coordinadora de clases de apoio que lle asesorará na planificación do horario.
Coñecendo as características do estudante, as súas capacidades, coñecementos previos, motivacións,… podemos personalizar o ensino para lograr un mellor rendemento académico. O ritmo que se segue é o que impón o centro educativo no que o alumno/a curse bacharelato pero adaptándoo ás súas necesidades. Repásanse e reforzan aqueles conceptos que necesite, explícanse conceptos de base que non teña asentados e exercítanse ata a súa asimilación. O alumnado realiza os exercicios propostos polo seu centro escolar así como outros que propoña o profesorado para reforzar os coñecementos recentemente adquiridos.


FP
A formación profesional é un conxunto de accións formativas dunha duración máxima de dous anos que capacitan para o exercicio dunha profesión, preparan para o acceso ao emprego e facilitan a adaptación ás modificacións que se poden producir ao longo da vida.
Traballamos para que cada alumno/a adquira autonomía e confianza, promovendo un papel activo na súa preparación. Por iso, as clases impártense en grupos reducidos sendo a atención totalmente individualizada, atendendo o estilo de aprendizaxe de cada estudante, ao seu ritmo e contidos.
En Centro Formación PRISMA preparamos ao alumnado en determinados módulos e competencias correspondentes a ciclos das seguintes Familias Profesionais:
Electricidade e electrónica
Enerxía e auga
Imaxe e son
Química
Sanidade
Seguridade e medio ambiente
Servizos socioculturais e á comunidade
Informática e comunicacións e IA
Consulta a dispoñibilidade de módulos específicos do teu interese no noso centro
Reserva a túa praza!
Rechea o seguinte formulario para solicitar a túa praza
Reserva a túa praza!
Rechea o seguinte formulario para solicitar a túa praza
