Acceso a ciclos
Acceso a Ciclo Grao Medio
En Centro Formación Prisma informamos o alumnado do proceso de matriculación, así como das datas en que se realizan para que o estudante só se teña que preocupar de avanzar connosco na materia. Traballamos para que o alumno/a adquira autonomía e confianza promovendo un papel activo na súa preparación; sempre particularizando o proceso formativo conforme o seu ritmo e estilo de aprendizaxe.
Ofrecemos un amplo horario de clases contando con persoal especializado con ampla experiencia no sector do ensino. Alén de impartir a programación das materias, realizamos exames de convocatorias anteriores, así como simulacros das probas para que o alumnado poida enfrontarse con certeza ás probas oficiais.
Buscamos percorrer co alumno/a o camiño máis curto, no menor tempo posible, para lograr os mellores resultados.
Nas probas de acceso a ciclos formativos de grao medio poderanse matricular aquelas persoas que non cumpran os requisitos académicos esixidos para acceder aos ciclos de grao medio e teñan 17 anos ou cúmpranos no ano natural de celebración da proba.

- Parte sociolingüística: lingua galega, lingua castelá e ciencias sociais.
- Parte matemática: matemáticas.
- Parte científico-técnica: ciencias da natureza, tecnoloxía.
EXENCIÓN TOTAL (acreditando algunha das seguintes circunstancias)
Ter superada a proba de acceso:
- Universidade para maiores de 25 anos.
- Ciclos formativos de grao superior de ensinos deportivos ou de artes plásticas e deseño.
- Ciclos formativos de grao medio de ensinos deportivos ou de artes plásticas e deseño.
EXENCIÓN PARCIAL
- Parte sociolingüística.
- Módulos profesionais de Comunicación e sociedade I e II dun título de formación profesional básica.
- Ámbitos social e de comunicación dun programa de cualificación profesional inicial.
- Ámbitos social e de comunicación do nivel II da educación secundaria para as persoas adultas.
- Parte matemática e científico-técnica.
- Módulos profesionais de Ciencias aplicadas I e II dun título de formación profesional básica.
- Ámbito científico-tecnolóxico dun programa de cualificación profesional inicial.
- Ámbito científico-tecnolóxico do nivel II da educación secundaria para as persoas adultas.
- Parte científico-técnica.
- Módulos profesionais relacionados co perfil profesional dun título de formación profesional básica (excepto o módulo de Formación en centros de traballo e os módulos asociados aos bloques comúns).
- Módulos específicos profesionais (exceptuando o módulo de Formación en centros de traballo) dun programa de cualificación profesional inicial.
- Certificado de profesionalidade de calquera nivel.
- Acreditación, como mínimo, do tempo equivalente a un ano de experiencia laboral a xornada completa, con independencia do campo profesional en que se traballase. As persoas interesadas deberán cumprir este requisito con anterioridade á conclusión do período de inscrición para as probas.
- Acreditando a superación dos módulos obrigatorios do primeiro curso dun PCPI, certificado de profesionalidade segundo RD 34/2008 ou un ano de experiencia laboral a xornada completa.
Cualificación:
- Para a nota final da proba non se teñen en conta as partes exentas.
- No caso de que a exención sexa total equivalerá a unha cualificación de 5 puntos.
- Cada parte (sociolingüística, matemática e científico-técnica) puntúase entre 0 e 10 puntos.
- Débese obter un mínimo de 4 puntos en cada parte (non é necesaria unha puntuación mínima en cada unha das materias de cada parte).
- A nota final é a media de cada unha das partes e a proba considérase aprobada cando se obtén unha nota de, polo menos, 5 puntos.
- Na súa totalidade: dará acceso a calquera ciclo formativo de grao medio, nas condicións de admisión establecidas.
- Parte da mesma: se se realiza a proba na Comunidade Autónoma de Galicia e non se supera na súa totalidade, o certificado permitirá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco durante un máximo de dous anos nas probas de acceso a ciclos formativos de grao medio en Galicia.

Acceso Ciclo Grao Superior
En Centro Formación Prisma preparamos ao alumnado para que se presente á proba de acceso aos ciclos de grao superior, informamos do proceso de matriculación, así como das datas en que se realizan para que o estudante só se teña que preocupar de avanzar connosco na materia. Traballamos para que o alumno/a adquira autonomía e confianza promovendo un papel activo na súa preparación; sempre particularizando o proceso formativo conforme o seu ritmo e estilo de aprendizaxe.
Ofrecemos un amplo horario de clases contando con persoal especializado con ampla experiencia no sector do ensino. Alén de impartir a programación das materias, realizamos exames de convocatorias anteriores, así como simulacros das probas para que o alumnado poida enfrontarse con certeza ás probas oficiais.
Buscamos percorrer co alumno/a o camiño máis curto, no menor tempo posible, para lograr os mellores resultados.
Estas probas están dirixidas ás persoas que non cumpran os requisitos académicos esixidos para acceder aos ciclos de grao superior e teñan 19 anos ou cúmpranos no ano natural de celebración da proba.
Requisitos de Acceso Grao Superior
- Título universitario.
- Ter superada unha proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
- Ter superada unha proba de acceso a ciclos de grao superior.
- Título de técnico superior ou de técnico especialista.
- Título de bacharelato LOGSE, LOE, LOMCE.
- Certificado de superación de todas as materias de bacharelato LOMCE.
- COU/PREU/bacharelato sen modalidade ou outros equivalentes.
- BUP.
- Título de técnico de formación profesional.
- Outros estudos declarados equivalentes, a efectos académicos, a algún dos anteriores.
Materias da proba de acceso impartidas en Centro Formación Prisma:
- PARTE COMÚN: lingua galega, lingua castelá e matemáticas.
- PARTE ESPECÍFICA (débese elixir unha opción e dúas materias): opción A (economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés), filosofía), opción B (tecnoloxía industrial, física), opción C (ciencias da Terra e ambientais, química, bioloxía). Ver opcións da parte específica segundo a familia profesional a acceder.
- Exencións da proba de acceso a ciclos de Grao Superior
- Cualificación:
Para a nota final da proba non se teñen en conta as partes exentas.
No caso de que a exención sexa total equivalerá a unha cualificación de 5 puntos.
- Cada parte (COMÚN e ESPECÍFICA) puntúase entre 0 e 10 puntos.
- Débese obter un mínimo de 4 puntos en cada parte (non é necesaria unha puntuación mínima en cada unha das materias de cada parte).
- A nota final é a media de cada unha das partes e a proba considérase aprobada cando se obtén unha nota de, polo menos, 5 puntos.
A proba dará lugar á obtención dun certificado no que constará a nota obtida en cada unha das partes e a cualificación final, así como a relación de familias profesionais nas que se poderá acceder.
Se a proba se realiza na Comunidade Autónoma de Galicia e non se supera na súa totalidade, o certificado permitirá manter a cualificación obtida nas partes superadas cunha puntuación igual ou superior a cinco durante un máximo de dous anos nas probas de acceso a ciclos formativos de grao superior en Galicia.

Reserva a túa praza!
Rechea o seguinte formulario para solicitar a túa praza