Acceso universidade

PAU- Selectividade – Proba para o Acceso á Universidade

En Centro Formación Prisma axudamos aos alumnos e alumnas que queiran preparar a PAU por libre, a proba completa ou as materias que seleccione.

Ofrecemos un amplo horario para que poida adaptarse á situación concreta de cada estudante.

O obxectivo é o de superar a proba de acceso á universidade coa nota que permita ao alumno/a acceder aos estudos que lle interesen; para iso é preciso analizar o nivel do que parte e elaborar un plan de estudo.

As clases impártense en grupos reducidos sendo a atención individualizada. Cada alumno/a parte dun nivel, posúe un estilo de aprendizaxe e un ritmo de estudo diferente, que se respecta coa atención individualizada optimizándose os resultados.

A proba de acceso aos ensinos universitarios de grao para o alumnado que estea en posesión do título de bacharelato consta de dúas partes:

PARTE OBRIGATORIA 5 exercicios:

  • Lingua castelá e literatura
  • Lingua galega e literatura
  • Historia de España
  • Primeira lingua estranxeira
  • Materia troncal obrigatoria segundo modalidade bacharelato:
    • Artes: Fundamentos da arte
    • Ciencias: Matemáticas
    • Ciencias Sociais: Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais
    • Humanidades: Latín

PARTE VOLUNTARIA (para subir nota). O estudante poderase examinar dun máximo de 4 materias a elixir entre as materias de opción do bloque de troncais de segundo curso de calquera modalidade e as materias xerais troncais específicas de modalidade distintas daquela da que se examinen na parte obrigatoria da proba. Que materias se deben elixir? aquelas que aumenten a nota obtida na EBAU para poder acceder ao grao que se queira cursar segundo os parámetros de ponderación.

  • Artes: Artes escénicas, Cultura audiovisual e Deseño
  • Ciencias: Bioloxía, Xeoloxía, Física, Química e Debuxo técnico
  • Ciencias Sociais: Economía da empresa, Xeografía, Grego, Historia da arte e Historia da filosofía
  • Humanidades: Economía da empresa, Xeografía, Grego, Historia da arte e Historia da filosofía
Acceso universidad

Materias impartidas en Centro Formación Prisma:

  • Lingua castelá e literatura
  • Lingua galega e literatura
  • Historia de España
  • Lingua estranxeira (inglés ou francés)
  • Matemáticas
  • Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais
  • Latín
  • Economía da empresa
  • Física
  • Xeografía
  • Grego
  • Historia da arte
  • Latín
  • Literatura universal

  • Química
  1. A cualificación da proba de avaliación do bacharelato para o acceso á universidade será a media aritmética das cualificacións numéricas obtidas en cada unha das probas realizadas das materias xerais do bloque de materias troncais e da materia de Lingua Galega e Literatura, expresada nunha escala de 0 a 10 con tres cifras decimais e redondeada á milésima máis próxima e, en caso de equidistancia, á superior. Esta cualificación deberá ser igual ou superior a 4 puntos.
  2. A cualificación para o acceso á universidade calcularase ponderando un 40% a cualificación sinalada no parágrafo anterior e un 60% a cualificación final da etapa. Entenderase que se reúnen os requisitos de acceso cando o resultado desta ponderación sexa igual ou superior a cinco puntos.

Acceso Universidade Maiores 25

Unha forma de recibir formación con multitude de vantaxes:

  • Flexibilidade en tempo e horario.
  • Traballamos para que o alumnado adquira autonomía e confianza promovendo un papel activo na súa preparación, sempre particularizando o proceso formativo conforme o seu ritmo e estilo de aprendizaxe.
  • Alén de impartir a programación das materias, realizamos exames de convocatorias anteriores, así como simulacros das probas para que se poida enfrontar con certeza ás probas oficiais.

Poden optar a realizar estas probas os maiores de 25 anos no ano natural no que se celebre a proba, sempre que non posúan o título de bacharelato ou equivalente ou outra titulación académica habilitante para acceder á universidade por outras vías.

A proba, no Sistema Universitario de Galicia, estrutúrase en dúas partes: a FASE XERAL (4 exercicios) e a FASE ESPECÍFICA (3 exercicios).

En Centro Formación Prisma axudámoste a preparar toda a proba ou os exercicios que elixas dentro da seguinte oferta formativa:

FASE XERAL (4 exercicios) :

  • Comentario de texto
  • Lingua castelá
  • Lingua galega
  • Lingua estranxeira (inglés ou francés)

FASE ESPECÍFICA (3 exercicios)

Débese elixir unha opción e unha das optativas. Os/as candidatos/as deben realizar a opción da súa elección, no caso de empate, a efectos de ingreso corresponderalles de forma preferente os ensinos universitarios ofertados polas universidades vinculadas a cada unha das opcións (tríptico de titulacións).

  • A-ARTES E HUMANIDADES: historia da arte, xeografía, latín, literatura universal.
  • B-CIENCIAS: matemáticas, química, ciencias da Terra e ambientais, física.
  • C-CIENCIAS DA SAÚDE: química, ciencias da Terra e ambientais, física, matemáticas.
  • D-CIENCIAS XURÍDICAS E SOCIAIS: historia do mundo contemporáneo, matemáticas aplicadas ás ciencias sociais, economía da empresa, literatura universal, xeografía.
  • E-ENXEÑERÍA E ARQUITECTURA: física, matemáticas, ciencias da Terra e ambientais, química.

É a media aritmética das cualificacións obtidas na fase xeral (media aritmética) e a fase específica (media aritmética). Supérase a proba cando se obteña un mínimo de 5 puntos, non podéndose promediar cando non se obteña unha puntuación mínima de 4 puntos na fase xeral ou específica.

Período comprendido entre a segunda quincena de xaneiro e a primeira de febreiro.

En Centro Formación Prisma ofrecemos un amplo horario para que poida adaptarse á situación concreta de cada estudante.

O obxectivo é o de superar a proba de acceso á universidade coa nota que permita ao alumno/a acceder aos estudos que lle interesen; para iso é preciso analizar o nivel do que parte e elaborar un plan de estudo.

As clases impártense en grupos reducidos sendo a atención individualizada. Cada alumno/a parte dun nivel, posúe un estilo de aprendizaxe e un ritmo de estudo diferente, que se respecta coa atención individualizada optimizándose os resultados.

En Centro Formación Prisma axudámoste a preparar toda a proba ou os exercicios que elixas dentro da seguinte oferta formativa:

FASE XERAL (4 exercicios) :

  • Comentario de texto
  • Lingua castelá
  • Lingua galega
  • Lingua estranxeira (inglés ou francés)

FASE ESPECÍFICA (3 exercicios)

Débese elixir unha opción e unha das optativas. Os/as candidatos/as deben realizar a opción da súa elección, no caso de empate, a efectos de ingreso corresponderalles de forma preferente os ensinos universitarios ofertados polas universidades vinculadas a cada unha das opcións (tríptico de titulacións).

  • A-ARTES E HUMANIDADES: historia da arte, xeografía, latín, literatura universal.
  • B-CIENCIAS: matemáticas, química, ciencias da Terra e ambientais, física.
  • C-CIENCIAS DA SAÚDE: química, ciencias da Terra e ambientais, física, matemáticas.
  • D-CIENCIAS XURÍDICAS E SOCIAIS: historia do mundo contemporáneo, matemáticas aplicadas ás ciencias sociais, economía da empresa, literatura universal, xeografía.
  • E-ENXEÑERÍA E ARQUITECTURA: física, matemáticas, ciencias da Terra e ambientais, química.

É a media aritmética das cualificacións obtidas na fase xeral (media aritmética) e a fase específica (media aritmética). Supérase a proba cando se obteña un mínimo de 5 puntos, non podéndose promediar cando non se obteña unha puntuación mínima de 4 puntos na fase xeral ou específica.

Período comprendido entre a segunda quincena de xaneiro e a primeira de febreiro.

En Centro Formación Prisma ofrecemos un amplo horario para que poida adaptarse á situación concreta de cada estudante.

O obxectivo é o de superar a proba de acceso á universidade coa nota que permita ao alumno/a acceder aos estudos que lle interesen; para iso é preciso analizar o nivel do que parte e elaborar un plan de estudo.

As clases impártense en grupos reducidos sendo a atención individualizada. Cada alumno/a parte dun nivel, posúe un estilo de aprendizaxe e un ritmo de estudo diferente, que se respecta coa atención individualizada optimizándose os resultados.

Acceso Universidade Maiores 45

Esta proba está dirixida a aquelas persoas que cumprisen ou cumpran 45 anos no ano natural en que se celebre, sempre que non posúan ningunha titulación académica que as habilite para acceder á universidade por outras vías.

A proba de acceso consta de tres exercicios:

  • Comentario de texto ou desenvolvemento dun tema xeral de actualidade.
  • Lingua castelá.
  • Lingua galega.

Os candidatos/as que superen a proba deberán realizar unha entrevista privado.

En Centro Formación Prisma axudámoste a preparar todos os exercicios da proba ou aqueles que elixas dentro dun amplo horario.

Unha forma de recibir formación con multitude de vantaxes:

  • Flexibilidade en tempo e horario.
  • Traballamos para que o alumnado adquira autonomía e confianza promovendo un papel activo na súa preparación, sempre particularizando o proceso formativo conforme o seu ritmo e estilo de aprendizaxe.

https://ciug.gal/gal/probas-de-acceso-a-universidade/maiores-de-45-anos

Acceso universidad

Reserva a túa praza!

Rechea o seguinte formulario para solicitar a túa praza

    Antigo/a alumno/a?*

    Ao encher o formulario e facer clic para enviar os datos, o usuario manifesta ler e aceptado expresamente a política de privacidade e aviso legal de www.academiaprisma.es, e outorga o seu consentimento inequívoco e expreso ao tratamento dos seus datos privados co obxecto de atender á súa petición e permitir a CENTRO FORMACIÓN PRISMA contactar con vostede en resposta á súa solicitude e no seu caso, para efectuar unha adecuada xestión do centro de formación, incluíndo os fins comerciais e administrativos. En todo caso, pode exercer os seus dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición ao tratamento dos seus datos privados dirixíndose por escrito a CENTRO FORMACIÓN PRISMA, Área Central Pol.Fontiñas. Planta 1ª – Local 1 – A 15707- Santiago de Compostela (A Coruña), ou se o prefire, enviándonos a súa solicitude ao correo info@academiaprisma.es.